La Fundación DIDAC presenta "Vivir nun mundo abstracto" de Albano Afonso
Hasta el 23 de junio
Vivir nun mundo abstracto é unha dobre exposición do artista brasileiro Albano Afonso producida pola Fundación DIDAC. A inauguración terá lugar este venres ás 19.30 h na Igrexa da Universidade e ás 20.30 na Fundación DIDAC.
Esta dobre mostra, que pode visitarse na Igrexa da Universidade (ata o 31 de maio) e na sede da Fundación DIDAC (ata o 23 de xuño) en Santiago de Compostela, forma parte dunha secuencia de exposicións do artista -Madrid, São Paulo e Santiago de Compostela-, nas que reflexiona sobre cuestións referentes á abstracción, xa sexa a partir da forma ou dunha abstracción mental ou conceptual.
Por unha banda, Albano Afonso presenta unha serie de fotografías da serie titulada Estudio. Unha mirada atenta a estas desvelará que dentro destes encadres de cores tan propios do neoconcretismo brasileiro escóndense disimulados autorretratos do artista, suxeridos tras a luz dos flashes das fotografías que realiza no seu propio estudio e insinuados a través de fragmentos do seu corpo -recurso que domina tamén as súas esculturas móbiles-.
Vivir nun mundo abstracto é unha exposición que nos fala de imaxes e de como estas son construídas. Mesmo as súas pinturas, que son as obras máis abstractas desde un punto de vista obxectivo, teñen tamén a súa base na construción, escura, resultado dunha serie de superposicións de capas de azul, verde e vermello que configuran unha especie sen carga que remite á pintura non obxectiva de Malevitch, á Radical Painting ou iso que se denominou pintura despois da pintura e que dominará gran parte da arte pictórica do século XX.